DeportesÚltima hora

A selección de Mondelo, nos cuartos de final na Copa do Mundo de básket feminino

Tras caer ante Bélxica, España xogábase esta noite con Senegal o paso a cuartos e, finalmente, vencía por 63 a 48
O seleccionador Lucas Mondelo, conversando con Ndour.

Cun último cuarto clave a selección española de baloncesto absoluta, que dirixe o seleccionador valdeorrés Lucas Mondelo, lograba o pase a cuartos de final na Copa do Mundo de baloncesto feminino, que se está a disputar en Tenerife. O equipo español, que se vía obrigado a xogar este partido tras caer onte por 72 a 63 ante Bélxica, comezaba perdendo na noite do 26 de setembro por un só punto no primeiro cuarto de xogo 17/18. Senegal saía á pista como un equipo agresivo e España non conseguía coller ritmo e perdía os rebotes.

 

O seleccionador co equipo nun dos tempos mortos do partido con Senegal.

 

Xa no segundo cuarto as xogadoras de Mondelo conseguían concluír o tempo de xogo empatando a 34 coas senegalesas e no terceiro cuarto comezaban a mudar as cousas e as españolas superaban no rebote a Senegal e movíanse con máis velocidade, ademais de mellorar na defensa. Aínda así, Senegal continuaba presionando e o cuarto remataba cun marcador de 46/40 favorable a España.

 

Familiares de Lucas Mondelo, cun grupo de nenos, animando a España./ Foto cedida por Pedro García.

 

Xa no cuarto decisivo, o conxunto español comezaba a adiantarse no marcador cunha vantaxe de oito puntos, que logo iría a máis, chegando a estar, na nos últimos momentos en 63/45 e rematando o partido en 63/48. A vitoria custáballe á selección de Mondelo, pero finalmente chegaba. O seu rival en cuartos de final será Canadá.

 

Xogadoras da selección española celebrando a vitoria ao remate do partido.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close