En portadaÚltima hora

A selección do valdeorrés Lucas Mondelo conquista o bronce no mundial de básket feminino

España sufría pero lograba facerse coa medalla nun último cuarto moi emocionante do partido con Bélxica

 

Lucas Mondelo conversando coa capitana da selección, Laia Palau, no partido contra Bélxica.

 

O obxectivo era a medalla e non renunciaban a el en ningún momento. A selección españa de baloncesto feminino enfrontábase por segunda vez na Copa do Mundo de baloncesto feminino a Bélxica na tarde do 30 de setembro. Pero desta volta non se repetía a vitoria belga. Se ben o equipo que dirixe o valdeorrés Lucas Mondelo non comezaba con bo pé o encontro, sabía reaccionar da mellor maneira, con moito carácter, empuxe, bos ataques, unha coidada defensa e traballando ben o rebote. Iso permitíalle limitar a capacidade de anotar das contrarias e remontar no marcador, concluíndo o primeiro tempo cunha lixeira vantaxe de cinco puntos sobre Bélxica (32/27).

 

O seleccionador valdeorrés Lucas Mondelo, nun dos tempos mortos do encontro.

 

No terceiro cuarto España mantiña esa dinámica, controlando o xogo e reforzando a defensa, o que lle permitía poñerse doce puntos por diante das belgas, a máxima vantaxe en todo o partido. Sen embargo, a situación daba un xiro no derradeiro cuarto. Bélxica reaccionaba atacando e anotando ata nove puntos seguidos fronte a ningún de España. Así, volvía o sufrimento ao equipo español, que finalmente lograba encontrar o camiño, daba unha lección en defensa mentres o público facía vibrar o Santiago Martín Arena de Tenerife e un espectacular triple de Xargay deixaba o marcador en 67/60.

 

Lucas Mondelo xusto ao rematar o partido coa vitoria de España.

 

Mondelo celebrando a vitoria cos membros da selección española na pista.

 

Aínda non era segura a medalla de bronce, pero as xogadoras de Mondelo non a ían deixar escapar e anulaban a acción das belgas, recuperando o balón e impedindo calquera canastra mentres se esgotaba o tempo. Era entón cando explotaba a alegría española na pista e nas bancadas, nas que estaban varios familiares de Lucas Mondelo, quen nada máis rematar se dirixía a saudalos. Unha vez máis, este seleccionador valdeorrés sube a España a un podio mundial.

 

Lucas Mondelo saudando á súa nai, a barquense Charo, ao rematar o partido de España con Bélxica./ Foto cedida por Pedro García.

 

O barquense Pedro García, tío de Lucas Mondelo, momentos antes do inicio do partido./ Foto cedida por Pedro García.

Artigos relacionados

Back to top button