DeportesÚltima hora

A selección española de ciclismo no Pazo do Castro

Jonathan Castroviejo e Markel Irizar, loitarán na contrarreloxo individual do Mundial de Ponferrada
O seleccionador español de ciclismo na rolda de prensa no Pazo do Castro.
O seleccionador español de ciclismo na rolda de prensa no Pazo do Castro.

Mañá mércores 24 de setembro, os ciclistas da selección española Jonathan Castroviejo e Markel Irizar, loitarán en Ponferrada para facerse cun oco no podio da contrarreloxo individual elite masculina.

Para dar a coñecer os seus obxectivos e estado físico, os dous corredores e o propio seleccionador español, Javier Mínguez, daban unha rolda de prensa na tarde do 22 de setembro no Hotel-Monumento Pazo do Castro, no que a selección está concentrada.

Na comparecendia ante os medios, Castroviejo asegurou que espera facer unha contrarreloxo “coa que esté contento” é dicir ascender dos 10 primeiros “e creo que podo facelo” asegurou, engadindo que xa leva varios mundiais ás costas o que lle dá certa tranquilidade “agora son un corredor máis completo” dixo. Irizar pola súa banda debuta no mundial na máxima categoría (aínda que xa participou como sub-23 no mundial de Lisboa 2001), un reto que afronta con “ilusión e a tranquilidade que dá a veteranía” despois de once anos como prodesional. A do mércores será a última proba da tempada para o vasco e asegura que os últimos quilómetros do circuíto “faranse duros”, esperando facelo o mellor posible pero sen un obxectivo numérico claro “traballei moito para estar aquí e confío en que podo facelo ben” concluía.

O seleccionador salmantino, Mínguez, asegurou que nesta proba hai “grandes especialistas que son superiores, pero Castroviejo e Irizar teñen a ilusión de poder enfrontarse a eles e se dan o 100% das súas posibilidades só me quedará aplaudirlles”.

Jonathan Castroviejo, Javier Mínguez e Markel Irizar.
Jonathan Castroviejo, Javier Mínguez e Markel Irizar.

Texto: Mónica G. Bellver.
Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button