En portadaGalerías de fotos

Os líderes da selección española de ciclismo, no Barco

Alejando Valverde e Joaquim Rodríguez, principais bazas para o mundial do domingo en Ponferrada

A tres días do momento decisivo, a proba de fondo elite masculina do mundial de ciclismo en ruta que se está desenvolvendo en Ponferada (León), parte da selección española de ciclismo presentábase ante os medios de comunicación no hotel Pazo do Castro, lugar de concentración do equipo nacional.

Á cabeza, Alejandro Valverde como xefe de filas, acompañado pola outra baza do seleccionador Joaquim “Purito” Rodríguez, dúas xoves promesas, Jon Izaguirre e Jesús Herrada, e o propio Javier Mínguez.

Na comparecencia, Valverde asegurou que o circuíto de Ponferrada “non é malo pero si me gustaría que tivese unha subida un pouco máis esixente”. Sempre en clave de equipo, o ciclista do MoviStar que xa conseguira a prata no mundial de Florencia do ano pasado, asegura que “temos que saír a por todas, a pola medalla, se pode ser de ouro moito mellor, pero a metade do circuíto é urbano e hai corredores que están moi ben e será complicado”.

Ante os comentarios sobre a súa idade, Valverde asegura entre risas que acaba de renovar o contrato por tres anos e “aínda teño corda para estar aí”, concluíndo a súa intervención coa certeza de que dará o mellor de si mesmo “se quedara campión do mundo sería unha ilusión pero non unha obsesión”.

Para Joaquim Rodríguez, este será o sexto mundial e sabe perfectamente cal é o seu rol. “Somos un equipo e hai varios segundos porque pódese facer moi duro e teremos que axudar varios corredores”. “Purito” asegura que será complicado que se repita a situación do ano pasado, “estamos na mesma forma pero teñen que darse unha serie de circunstancias”.

Ante as constantes referencias ao mundial do ano pasado o seleccionador Javier Mínguez asegura que “hai que centrarse na carreira deste ano. Sairán nove corredores e teñen que facelo o mellor posible, como equipo. As medallas son difíciles de conseguir e hai que ter serenidade”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close