En portada

A selección española de Mondelo, subcampiona do mundo

O seleccionador de orixe valdeorrés logra a unha fazaña história para España no mundial de basket feminino de Turquía
O seleccionador de orixe valdeorresa, Lucas Mondelo, coa medalla de prata.
O seleccionador de orixe valdeorresa, Lucas Mondelo, coa medalla de prata.
Lucas Mondelo coas xogadoras españolas, tras recibir as medallas de prata.
Lucas Mondelo coas xogadoras españolas, tras recibir as medallas de prata.

Tíñao realmente difícil. Pero España non se amedrentaba. Saía a xogar con moitas ganas o partido da ilusión contra unha potencia mundial do baloncesto: os Estados Unidos. As españolas loitaban ata o final. E, malia que a sorte non as acompañaba, con continuos balóns que non entraban, lograban un resultado máis que digno, selando así unha excelente participación no mundial de Turquía. No Fenerbaçe Arena de Estambul a selección española, dirixida polo técnico de orixe valdeorresa Lucas Mondelo, facía historia. Por primeira xogaba unha final e medíase coa máis alto do baloncesto mundial, tratando de resistir os embates norteamericanos e completando o partido cun marcador de 64 a 77. Quedábanse a só trece puntos de diferencia das nortemaricanas.

Sancho Lytlle tirando a canastra, con Lucas Mondelo e o banquiño español ao fondo.
Sancho Lytlle tirando a canastra, con Lucas Mondelo e o banquiño español ao fondo.

Xa dende o primeiro cuarto Estados Unidos imprimía o seu forte ritmo. Adiantábase no marcador e ía movéndose nunha vantaxe dez puntos, que as españolas tentaban reducir, pero sen conseguilo. O tempo esgotábase e o resultado deste primeiro tempo de xogo quedábase en 17/28, a favor das estadounidenses.

Laia Palay tratando de entrar a canastra ante a presión dunha norteamericana.
Laia Palay tratando de entrar a canastra ante a presión dunha norteamericana.

A tendencia repetíase no segundo cuarto, ante unhas estadounidenses implacables, sen apenas erros cada vez que atrapaban un balón. España axustaba a súa defensa e trataba de buscar os puntos, pero sen éxito, e, polo tanto, sen posibilidade de remontada. E así concluía este segundo período do xogo, manténdose a distancia de 11 puntos entre España e os Estados Unidos: 29/48.

Lucas Mondelo, protestando tras unha acción estadounidense.
Lucas Mondelo, protestando tras unha acción estadounidense.

As xogadoras de Mondelo trataban de recuperar terreo no terceiro cuarto, pero sen sorte. Malia ás oportunidades de tiros e os balóns conseguidos, as canastras non chegaban, mentres Estados Unidos incrementaba a súa puntuación ata rematar o tempo cun resultado de 48 a 67, é dicir, 19 tantos por diante das españolas.

O público, entre o que pode verse a familares de Mondelo e parte da bandeira do Barco, animando a España dende as bancadas.
O público, entre o que pode verse a familares de Mondelo e parte da bandeira do Barco, animando a España dende as bancadas.

E encetábase o cuarto decisivo con España esforzándose ao máximo ante un inalcanzable Estados Unidos. Reforzaban a defensa, atrapaban balóns e ademais, as canastras comezaban a chegar, mesmo algún que outro triple. Pero non era suficiente para recortar a distancia necesaria para acadar o ouro. Os segundos pasaban e as españolas loitaban como se estivesen no terceiro cuarto, sen rendirse. Pasaban os últimos segundos e o marcador xa se convertía en definitivo: 64/77. España convertíase en subcampiona do mundo e, malia a derrota, España saboreaba a prata. As xogadoras sorrían, abrazábanse ao corpo técnico ecelebraban a súa excelente actuación neste mundial co que veñen de inscribir o seu nome no máis alto do baloncesto mundial.

A selección española, celebrando a prata mundial.
A selección española, celebrando a prata mundial.

Polo tanto, alegría e celebración polo traballo ben feito dende o corpo técnico, con Lucas Mondelo á cabeza, e tamén pola xenorosidade, talento e calidade da que fixeron gala ao longo de toda a competición as xogadoras españolas. Ademais, dúas delas, Alba Torréns e Sancho Lyttle, lograban a distinción de estar entre as cinco mellores deste mundial de Turquía, xunto a outras dúas estadounidenses e a unha xogadora australiana.

Alba Torréns e Sancho Lyttle, tras recibir a súa distinción como dúas das cinco mellores xogadoras do mundial.
Alba Torréns e Sancho Lyttle, tras recibir a súa distinción como dúas das cinco mellores xogadoras do mundial.

Todo un logro para España e o seu seleccionador Lucas Mondelo, ben apoiado dende as bancadas pola súa familia valdeorresa, en especial dos seus pais, e portando, ademais da bandeira española ao do Concello do Barco.
Tras a medalla de ouro no europeo e a prata no mundial, Mondelo xa mira cara o vindeiro campionato de Europa do 2015. Parabéns!!!

Texto: Ángeles Rodríguez Fotos: FIBA/ FEB
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button