DeportesÚltima hora

A selección española de waterpolo, con Laura Ester na portería, métese na final nos Xogos Olímpicos de Tokio

A nadadora con orixes en Valdeorras era unha das protagonistas do partido de semifinais ante Hungría á que vencían 8-6

Laura Ester Ramos facendo unha das paradas desta semifinal en Tokio. /Foto: RFEN.

 

Lexendarias. Únicas. Inesgotables,… Á Federación Española de Natación esgótanselle os adxectivos para definir ás xogadoras do equipo nacional de waterpolo, entre as que está a valdeorresa Laura Ester Ramos defendendo a portería, que na tarde deste xoves 5 de agosto impoñíase 8-6 a Hungría, clasificándose para a gran final dos Xogos Olímpicos de Tokio 2020, a segunda que xogarán na súa historia.

O primeiro cuarto deste intenso partido foi perfecto para as españolas, cunha Laura Ester infranqueable. Hungría topouse unha vez tras outra cun muro que impediu que anotasen un só gol no primeiros oito minutos (2-0). Inmellorable a posta en escena das vermellas, que conseguían ao pouco de comezar o terceiro período engadir outro tanto de renda. Eran xa 11 minutos sen ver porta para as húngaras, que rompían esa seca por medio de Szilagyi chegando ao ecuador co 5-2.

 

A selección española feminina de waterpolo./ Foto: RFEN.

 

Tras a continuación Laura Ester seguía parándoo case todo, aínda que non podía co penalti. As españolas seguían anotanto e malia os novos tantos das rivais non lograron achegarse a un equipo español que, co 8-6 final segue agardando a súa lenda.

Poderán conseguilo o sábado 7 de agosto na final onde estará a de sempre, Estados Unidos. Será difícil pero non imposible. A polo ouro!

Artigos relacionados

Back to top button