DeportesÚltima hora

A selección española de waterpolo, da que forma parte Laura Ester Ramos, subcampioa olímpica 2021

O equipo feminino volve facer historia logrando prata en Tokio tras perder na gran final contra Estados Unidos

O equipo (Laura Ester, cuarta pola esquerda de pé) coa medalla de prata en Tokio. /Foto: COE.

 

Na mañá deste sábado 7 de agosto, a selección española feminina de waterpolo con Laura Ester Ramos  (con orixes en Valdeorras) na portería volvía facer historia bañándose en prata nos Xogos Olímpicos de Tokio 2021.

Perdían nesta gran final olímica ante a selección de Estados Unidos (5-14), pero lévanse outra prata histórica, a segunda olímpica tras Londres 2012 que segue agrandando a súa lenda.

Ata chegar aquí, o equipo que dirixe Miki Oca pasaba a ronda clasificatoria como líder do seu grupo (vencía a Sudáfrica 29-4, a Canadá 14-10 e a Australia 15-9, perdendo un único encontro, pola mínima ante Países Baixos 14-13. En cuartos de final impoñíase a China por un contundente 11-9; en en semifinais a Hungría 8-6.

Na final caía ante a invencibles estadounidenses, pero co liderato olímpico remataban uns fantánticos Xogos Olímpicos.

 

Artigos relacionados

Back to top button