Galerías de fotosOurenseÚltima hora

A selección española xuvenil de remo, concentrada en Cenlle para preparar a Copa do Mundo

O mundial será en Tokio (Xapón) e ademais prepararán a Copa da Xuventude en Corgeno (Italia)

O Balneario de Laias, en Cenlle, está a acoller a concentración da selección nacional de remo, a cal disputará nas vindeiras datas o Campionato do Mundo Xuvenil en Tokio (Xapón) e a Copa da Xuventude en Corgeno (Italia).

A concentración española xuvenil de Laias está composta por un total de 34 remeiros e remeiras entre os que destacan seis galegos e galegas: Iria Jarama, Mónica Castro, Diego Veiga e Ángela Vázquez (do Club Remo Olímpico do Mandeo), Malena Barro (Club Remo San Felipe), Carlota González (Club Remo do Miño) e Caetano Horta (Club de Mar de Noia).

Así, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, achegouse hoxe, día 31 ata a concentración para darlles ánimos.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close