DeportesÚltima hora

A selección feminina de waterpolo, coa valdeorresa Laura Ester na portería, líder de grupo nos XX.OO. de Tokio

O equipo español vencía con contundencia a Australia por 15-9

Laura Ester Ramos o día da inauguración dos Xogos Olímpicos de Tokio 2020.

 

A selección nacional feminina de waterpolo, con Laura Ester Ramos (con orixes en Correxais, Vilamartín de Valdeorras) na portería, vén de asegurar o liderato do Grupo A nos Xogos Olímpicos de Tokio 2020, trala gran actuación no partido disputado na mañá deste venres 30 de xullo ante Australia, ata hoxe imbatida, á que vencía por un contundente 15-9.

Tras dous primeiros cuartos moi igualados, o equipo español dirixido por Miki Ocaha rompía o encontro nun terceiro período “sublime (4-1)”, tal como o definen dende a Federación Española de Natación.

Con esta, a selección nacional sumaba a terceira vitoria no que vai de competición en Tokio. O 24 de xullo vencía con superioridade a Sudáfrica (29-4) e o 26 de xullo a Canadá (14-10), perdendo un único encontro, pola mínima ante Países Baixos (14-13).

Agora toca esperar rival para os cuartos de final (o cuarto do Grupo B, previsiblemente China) cuxo partido se disputará o 3 de agosto.

 

Artigos relacionados

Back to top button