DeportesÚltima hora

A Selección Galega de Atletismo, sétima no nacional de federacións

O mellor resultado valdeorrés viña da man de Leticia Gil, quinta en lonxitude, mentres que Inés Docampo era 14ª nos 5.000 m

A selección galega de atletismo en Granollers./ Foto: FGA.

 

A selección Galega de atletismo lograba no día de onte unha meritoria sétima posición no Campionato de España de Seleccións desenvolto en Granollers cunha puntuación total de 418 puntos, o que mellora a oitava posición acadada o ano pasado. “Hai que subliñar a gran actitude e o compromiso de todas e todos cantos tomaron parte nesta importante cita na que novamente os lanzamentos foron os que depararon as maiores alegrías e mellores resultados”, destacan dende a Federación Galega de Atletismo.

O mellor resultado valdeorrés nesta competición viña da man da saltadora de Viladequinta, Leticia Gil, que quedaba quinta en lonxitude. Pola súa banda, Inés Docampo, lograba a 14ª posición nos 5.000 m. con 19:49.96

A atleta olímpica Belén Toimil, facíase ca primeira posición no concurso de peso no que chegaba cun único lanzamento ata os 16.85 m. De igual modo a nosa plusmarquista nacional tomaba parte no concurso de disco no que lanzaba ata os 49.22 m. o que valían á Selección para sumar unha cuarta posición.

Continuando cos lanzamentos Yulenmis Aguilar que viña de lanzar recentemente por encima dos 64 m., impuxo a súa autoridade no corredor de xavelina ao facerse ca primeira posición cun mellor lanzamento de 62.19 m.

Por último, o terceiro triunfo galego producíase no círculo de disco na o lanzador con ficha galega Juan José Caicedo, lograba impoñerse cun rexistro de 58.63 m.

Outro dos posto de podio logrados pola Selección foi o de Dani Chamosa quen se facía cunha extraordinaria segunda posición nos 5.000 marcha logrando un rexistro de 19:58.54.

O resto das actuacións das nosas e nosos representantes quedou da seguinte maneira.

4ª Adi Iglesias nos 100 m. con 12.12
4º Pedro Juncal nos 400 m. con 47.72
4ª Claudia Rojo nos 400 valos con 1:00.28
4ª Alba Cuns en triplo con 13.18 m.
4º Nacho Fernández en martelo con 60.67
5º Relevo Mixto dos 4×400
5ª Leticia Gil na lonxitude con 5.89 m.
5º Esteban Iglesia nos 3.000 obstáculos con 9:14.61
5ª Irene Gómez en martelo con 53.39 m.
5º Sergio Coello na lonxitude con 7.11 m.
6º Carlos Porto nos 1.500 m. con 3:51.51
6ª Ester Navarrete nos 3.000 m. con 9:30.43
6ª Adi Iglesias nos 200 m. con 24.48
7º Mhedi El Naboaui nos 5.000 m. con 14:32.84
7º Pedro Vázquez nos 3.000 m. con 8:13.96
7ª Lucía Ferrer nos 100 valos con 14.28
8º David Vicente nos 110 valos con 14.86
8º Manuel Uríz en xavelina con 60.56 m.
8º Anxo Blanco en triplo con 14.92 m.
8º Aitor Fernández en pértega con 4.55 m.
9ª Laura Santos nos 1.500 m. con 4:38.07
9º Jaime Arias en peso con 14.20 m.
7ª Aldara Meilán nos 5.000 marcha con 24:44.51
8º Mauro Triana nos 200 m. con 21.85
9ª Emma Sihunag en altura con 1.60 m.
9º Adrián López nos 100 m. con 11:04
10º Relevo Mixto 4×100
12ª María Fernández nos 400 m. con 56.79
12ª Raquel Meaños nos 800 m. con 2:12.12
12º Juan Núñez nos 800 m. con 1:55.61
13ª Lucía Varela nos 3000 obstáculos con 11:27.28
14ª Inés Do Campo nos 5.000 m. con 19:49.96
15ª Xavier Lires nos 400 valos con 55.08
15ª Adolfo Sainz Maza en altura con 1.85 m.
Nulos de Lisa Vosberg en pértega

Artigos relacionados

Back to top button