ConcellosDeportesGalerías de fotosÚltima hora

A seleccionadora ourensá sub 12 Alba Rodríguez, abre a segunda quenda do campus de fútbol na Rúa

Do 9 ao 14 de xullo desenvolverase a segunda semana do campamento de verán organizado polo C.D. Rúa

Despois do éxito da primeira semana que xuntou a máis de 80 cativos en torno ás actividades celebradas no campo de fútbol O Novo Aguillón, hoxe 9 de xullo, arrancaba a segunda semana. E facíao cunha convidada de excepción: a seleccionadora ourensá de fútbol 12 feminino, Alba Rodríguez.

Algúns asistentes ao campus como Ánxela, Iria e Lola xa a coñecían (foron convocadas polas selección provincial hai uns meses), por iso foron elas mesmas as encargadas de presentar á xove seleccionadora ao resto de compañeiros. Tralos saúdos, as cativas entregáronlle unha camiseta do C.D. Rúa como agasallo e de seguido Alba comezaba a dirixir o adestramento da mañá.

Polo campus de fútbol de verán da Rúa xa pasaron varios profesionais deste deporte, como o preparador físico Pablo Rodríguez ou a árbitra de primeira división feminina Elena Casal. Hoxe tocoulle á seleccionadora ourensá e de aquí ao sábado de seguro que se achega algún máis.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button