CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

A Semana Cultural do colexio San Pablo VI-Fátima da Rúa estará adicada ao V centenario da primeira volta ao mundo

O oficial da Armada Española Pablo Toubes, impartíu unha charla sobre a “Expedición Magallanes-Elcano: a primeira circunnavegación da historia”

Como cada ano polo mes de abril, o colexio San Pablo VI-Fátima da Rúa celebrará a Semana Cultural que no 2019 estará adicada ao V centenario da primeira volta ao mundo, e uns meses antes, contaban cunha visita moi especial.

Membros da Armada Oficial Española achegábanse ata o centro escolar para falar sobre “A expedición Magallanes-Elcano: a primeira cincunnavegación da historia”, á que asistían boa parte dos alumnos. O oficial Pablo Toubes Toba, enxeñeiro industrial, era o encargado de impartir a conferencia centrada na xesta protagonizada por Fernando Magallanes e Juan Sebastián Elcano: circunnavegar, por primeira vez, o planeta.

O obxectivo da charla era difundir a importancia deste feito histórico, achegando aos estudantes ao contexto no que se desenvolveu así como aspectos do día a día nun barco. E todo, dun xeito ameno xa que “a misión destes mariños ao servizo da Coroa española contén todos os elementos dun gran relato: descubrimentos, ambición, penalidades, honra, traición, lederazgo, fame, riquezas, rivalidades,…”, explican dende o colexio.

A conferencia tiña lugar na mañá do 30 de novembro no salón de actos do centro.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button