Galerías de fotosSemana SantaÚltima hora

A Semana Santa na parroquia de Santo Estevo da Rúa, en imaxes

Da procesión do Encontro á do Resucitado, todo un percorrido pola Paixón de Cristo

Dun xeito especial revívense na parroquia ruesa de Santo Estevo, cada un dos momentos da paixón, morte e resurrección de Cristo, nun ritual relixioso que conta coa participación dos costaleiros que portan cada unha das imaxes e que cada Semana Santa comeza o Venres de Dor.

Con todo é a partires do Venres Santo cando se celebran os actos máis significativos e característicos desta celebración, con diferentes procesións nas que as imaxes de Xesús, San Xoán e a Virxe das Dores son acompañadas polos devotos, percorrendo as empedradas rúas da Rúa Vella.

Nesta galería de imaxes facemos un percorrido por esas solemnes representacións. Dende a procesión do Encontro celebrada o Venres Santo pola mañá co acto central na praza César Conti, ata a do Resucitado, o Domingo de Pascua a carón da igrexa, pasando pola procesión do Enterro o venres pola tarde co Santo Cristo na urna, e a da Soidade o Sábado Santo, coa imaxe da Virxe portada polas mulleres.

Fotos: Mónica G-Belver

Artigos relacionados

Back to top button