OurenseÚltima hora

A serie “La que se avecina”, Premio OUFF Televisión 2020

Para conmemorar este galardón, durante o Festival Internacional de Cine de Ourense proxectarase o primeiro capítulo da nova tempada, o número 155 da teleserie

Unha escena da serie “La que se avecina”./ Foto cedida.

 

A serie televisiva “La que se avecina” recibirá o Premio OUFF Televisión durante o 25 aniversario del Festival de Cine Internacional de Ourense por ser “a comedia máis lonxeva da televisión en España e en recoñecemento aos seus éxitos de audiencia permanentes. A exitosa serie de Mediaset España, que emite Telecinco, alcanzará este ano a súa 12ª tempada con moitas novidades”, adiantan dende a organización do certame. Para conmemorar este galardón, proxectarase durante o festival o primeiro capítulo da nova tempada, o número 155 da serie.

Para a organización do OUFF supón “un orgullo poder entregar o Premio OUFF Televisión a este fenómeno televisivo. Con este premio acollemos con enorme satisfacción no festival non só á comedia máis lonxeva senón a unha serie que está entre o mellor da historia da ficción televisiva española”. Así mesmo a decisión adoptada polo equipo de dirección do OUFF, nesta 25ª edición, “vén acompaña da necesidade de dar un carácter colectivo este ano ao premio, xa que queremos que dalgunha maneira chegue a todos os profesionais que apostaron, apostan e traballan nesta serie.”

Creada polos irmáns Alberto Caballero e Laura Caballero e por Daniel Deorador, “La que se avecina” é unha comedia destinada a un público, sobre todo, xuvenil e adulto que se caracteriza por ironizar con humor as relacións de convivencia entre veciños dunha comunidade a través de historias e situacións surrealistas que lles suceden aos seus protagonistas. Este ano chega a súa decimosegunda tempada en emisión.

“La que se avecina” é unha produción de Mediaset España en colaboración con Contubernio Films, distribuída por Mediterráneo Mediaset España Group.

O Premio OUFF Televisión entregouse por primeira vez o pasado ano, recaendo esta honra na actriz galega Cristina Castaño. Este galardón xurdiu “pola aposta da organización do festival por apoiar o impulso que a ficción televisiva está a tomar nos últimos anos, co engadido de incorporar recursos e estruturas narrativas tomadas do cinema, ademais da propia dinamización do sector”, din os organizadores do festival ourensán.

 

Artigos relacionados

Back to top button