CulturaCulturaÚltima hora

A serie “O sabor das margaridas”, primeira ficción en galego da plataforma Netflix

Entre os seus actores está Lucía Álvarez, natural de Mouruás (San Xoán de Río)
A actriz Lucía Álvarez, que interpreta a Luisa en “O sabor das margaridas”./ Foto cedida.

Dende este venres 29 de marzo os aboados a Netflix en máis de 180 países poderán ver “O sabor das margaridas”, a primeira serie en galego que se emite por esta plataforma. Trátase dun thriller, estreado a finais do ano pasado, de seis episodios. Está coproducido por CTV, a Televisión de Galicia e a mexicana Comarex.

Dentro do elenco de actores participantes na serie está Lucía Álvarez, natural de Mouruás (San Xoán de Río). Intepreta a Luisa, a muller dun dos policías.

“O sabor das margaridas” lograba ademais a distinción como mellor serie nos Premios Mestre Mateo, que se entregaban o pasado 2 de marzo na Coruña.

Artigos relacionados

Back to top button