CulturaCulturaÚltima hora

A serie “Rapa”, producida polo valdeorrés Alfonso Blanco, estrearase o 19 de maio en Movistar+

Membros do equipo e “Rapa”, entre eles o valdeorrés Alfonso Blanco.

 

A serie de suspense “Rapa”, da produtora Portocabo e Movistar, terá a súa estrea o próximo 19 de maio ao completo na plataforma Movistar+. O valdeorrés Alfonso Blanco (Portocabo) é o produtor executivo desta serie creada por Pepe Coira e Fran Araújo e dirixida por Jorge Coira e Elena Trapé.

“Rapa” está composta de seis episodios, da man do mesmo equipo creativo da exitosa “Hierro”, a serie máis vista de 2021. A trama de “Rapa” arrinca co asasinato da alcaldesa de Cedeira. A investigación do crime converterase no obxectivo de Maite (Mónica López, ‘Hierro’, ‘Antidisturbios’), sarxento da xudicial, que tentará pescudar quen e por que a matou. Tomás, interpretado por Javier Cámara (‘Sentimental’, ‘Veña Juan’), é a única testemuña dos feitos e será alguén fundamental para Maite na investigación do asasinato.

Únense a eles os actores Lucía Vega, Eva Fernández, Toni Salgado, Ricardo Barreiro, Berta Ojea, Jorge Bosch, Santi Prego, Paula Morado, Adrian Ríos, Iria Sobrado, Tito Asorey, Mabel Rivera, Víctor Mosqueira, Nacho Castaño e Lara Boedo.

“Rapa é un thriller”, din os seus creadores Pepe Coira e Fran Araújo, “é a historia dun crime, e das razóns polas que alguén mata e polas que alguén investiga. É unha historia que reúne a unha serie de personaxes que nos atraía coñecer: o profesor frustrado que sente como un estímulo ser testemuña dun asasinato; a sarxento da xudicial que está no seu territorio cando vai á caza do culpable; os homes e mulleres involucrados, un grupo humano no que non é fácil distinguir quen é culpable e quen vítima. Pensamos a historia para un lugar máxico, onde se mesturan mar e terra, vento e calma, o territorio que vai desde a serra dá Capelada, na costa atlántica, ata Ferrol. Un lugar onde todo pode cambiar á volta de cada esquina”.

Ademais, hoxe tamén se estrea o teaser da serie
https://comunicacion.movistarplus.es/video/rapa-teaser/

Artigos relacionados

Back to top button