CulturaCulturaÚltima hora

A singular arte da vianesa Nieves Fernández, na exposición “Douche a Galbana”

Poderá verse a partires do xoves 28 de marzo na sala de exposicións do Concello de Viana do Bolo
O alcalde de Viana, Secundino Fernández, coa creadora Nieves Fernández.

Nova proposta creativa na sala de exposicións do Concello de Viana do Bolo. O vindeiro xoves 28 de marzo ás 20h terá lugar a inauguración da mostra de traxes “Douche a Galbana” da artesá vianesa Nieves Fernández Vidueira.

Nieves, veciña de Quintela do Pando, é coñecida e recoñecida pola veciñanza coma unha muller polifacética. Gandeira, poetisa e escultora entre outras moitas cousas, esta vianesa é capaz coa súa gran imaxinación e talento de facer auténticas obras de arte con todo o que a rodea (madeira, paus, flores, plantas, etc.).

A exposición estará aberta os días laborables en horario de 10 a 14 e os días 6 e 7 de abril e do 13 ao 21 de abril en horario de 18 a 20h.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button