SanidadeÚltima hora

A Sociedade de Pediatría de Galicia respalda o peche do paritorio de Verín

 

A través dun comunicado a Sociedade de Pediatría de Galicia (Sopega) vén de respaldar a decisión da EOXI de Ourense do peche do paritorio do Verín. “Non é discutible o nivel de profesionalidade e calidade individual dos especialistas do Hospital de Verín. A maternidade-paritorio de Verín mantivo o seu funcionamento no tempo a pesar das cifras de partos por debaixo das recomendadas. A situación actual, cun número por debaixo de 100 partos ao ano de maneira mantida, pon de manifesto que non é viable cumprir os requerimentos técnico-asistenciais que garanten as condicións de seguridade, calidade e eficiencia adecuadas para a asistencia neonatal”, segundo asegura no texto do comunicado J.R. Fernández Lorenzo, presidente de Sopega.

Tamén indica Lorenzo que o “parto de baixo risco non é unha situación tempo-dependente, sen precisar dunha isócrona menor de 1 hora. Nos hospitais comarcais aténdense embarzos/partos de baixo risco, derivándose aqueles de risco a hospitais de segundo ou terceiro nivel, polo que estas últimas no momento do parto terían que desprazasr a Ourense para a súa atención en centro hospitalario. O mantemento dun servizo de Pediatría para a atención de partos de baixo risco no hospital de Verín na situación actual (menos de 1 parto cada 5 días), tendo en conta, como se dixo anteriormente, que debe continuarse co desprazamento de partos de risco ao Hospital de Ourense non se considera xustificada. Se a iso lle sumamos a situación actual da carencia de pediatras a nivel no só autonómico senón nacional, a posibilidade do seu mantemento no tempo é aínda máis irrealizable”.

Artigos relacionados

Back to top button