DeportesPescaÚltima hora

A Sociedade de Pesca Fluvial Valdeorras, presente nos campionatos de España de auga doce

Raúl Álvarez participará esta fin de semana no VI Campionato de España Auga Doce Cebador Clubs, en Fortaleny (Valencia)

O tesoureiro e o presidente da SPF Valdeorras, Jesús Delgado e José Manuel Pinto, coa equipación oficial.

 

Aínda que neste 2021 fóronse recuperando moitas das actividades (culturais, lúdicas, deportivas,…) que quedaran no aire o ano pasado por culpa da pandemia de Covid-19, outras moitas quedaron polo camiño. É o caso de varias das xuntanzas e competicións que cada ano organizaba a Sociedade de Pesca Fluvial Vadeorras, quedando nesta ocasión reducidas ás oficiais da federación galega como os campionatos autonómicos de auga doce que se celebraron nas augas do Encoro de San Martiño, na Rúa.

Así e todo, a sociedade está representada en varias competicións a nivel nacional. Na pasada fin de semana, do 12 ao 14 de novembro en Canal de Castrejón (Toledo), dous membros da SPF Valdeorras, Ignacio Luis Álvarez e Rubén Silva Álvarez, participaban cun bo nivel de pesca, no LII Campionato de España de Seleccións Autonómicas Auga-Doce Flotador, categoría masculina, no que competiron uns 110 pescadores de toda España, algúns que compiten tamén a nivel internacional. Completaban o equipo da Federación Galega de Pesca outros dous pescadores da club Citroën.

E pechando xa a tempada, outro membro da sociedade, Raúl Álvarez Pérez, participará no VI Campionato de España Auga-Doce Cebador Clubs, categoría absoluta (clasificatorio para o Campionato do Mundo) que se disputará do 19 ao 21 de novembro na ZPC Fortaleny-Valencia.

 

Raúl Álvarez no clasificatoria para o Campionato de España de Pesca en Auga Doce, celebrado na Rúa.

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button