DeportesOurenseÚltima hora

A socorrista ourensá Cristina G. Colomo participará no campionato do mundo en Adelaida (Australia)

A deportista do Club Salvour medirase cos mellores do mundo en salvamento e socorrismo deportivo

Os mellores socorristas do mundo daranse cita, entre o 16 de novembro e o 2 de decembro, nos campionatos do mundo de salvamento e socorrismo deportivo que se celebrarán nas praias e piscinas da localidade australiana de Adelaida. Entre eles estará a deportista ourensá do Club Salvour, Cristina García Colomo.

Co obxectivo de aumentar o seu palmarés deportivo nesta espacialidade deportiva na que xa é campiona de España e de Europa na categoría máster (con varios récords de España), Cristina competirá en varias modalidades. En piscina estará en probas de 50 metros de rescate de maniquí, 100 metros de rescate de maniquí con aletas, 100 metros socorrista e 100 metros obstáculos. En praia disputará as probas de nadar-surf, bandeiras, sprint e carreira de 2 quilómetros.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close