Galerías de fotosSanidadeSociedadeÚltima hora

A solidariedade máis doce, na chocolatada da AECC no Barco

Unhas 120 persoas dábanse cita nesta merenda benéfica celebrada no Casino da vila

 

Unhas 120 persoas compartían na tarde do 23 de novembro no Casino do Barco unha merenda solidaria moi especial, organizada pola Asociación Española contra o Cancro (AECC) de Valdeorras. Desfrutaban dun delicioso chocolate con churros, preparado con agarimo por Tina e Lina, acompañado por uns saborosos churros elaborados por Richar do Café Lisboa.

“Temos que agradecerlles a súa colaboración desinteresada a esas persoas e establecementos, tamén estamos moi agradecidas ao Casino do Barco polo seu apoio e por deixarnos as súas instalacións, así como a Break&Bread, que aportou as bicas que se serviron. E, por suposto, o noso agradecemento ás voluntarias da asociación pola súa valiosa colaboración e á xente que vén e que participaba e sen a cal non sería posible este acto”, dicía a presidenta da AECC Valdeorras, Gloria Pérez.

 

 

Ademais coa organización desta chocolatada colaboraban varios establecementos comerciais de Valdeorras, tanto vendendo as entradas ao acto como doando unha serie de produtos, que logo se sorteaban entre os asistentes coa referencia da súa entrada. Neste sorteo tamén colaboraban varias rapazas asistentes á merenda.

Fotos: A.R.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button