ConcellosPetínÚltima hora

A Sonora Petinesa abre as festas de Santiago e Santa Ana, en Petín

Hoxe será o turno da orquestra La Ola ADN

 

Volveron facelo. Unha vez máis e despois de varios anos de ausencia (retirábanse dos escenarios no 2016), a Sonora Petinesa volvía abrir o programa das festas de Santiago Apóstolo e Santa Ana en Petín e, unha vez máis, volvían encher a praza de xente cantando e bailando.

Actuaban na verbena do sábado 23 de xullo, abrindo boca a outras actuacións como a que protagonizará a orquestra La Ola ADN hoxe, domingo 24 de xullo, en sesión de tarde e verbena.

E despois dunha noite chea de ritmo e luces chegará o día grande e festivo nacional, o 25 de xullo, xornada na que toda Galicia rende culto a Santiago. Ás 12:45 horas celebrarase a procesión seguida da misa e ese día haberá pasarrúas e alborada coa charanga Brisas do Sil, mentres que a sesión vermú, o baile e a verbena correrán por conta da orquestra Cocktail.

E xa o martes (26 de xullo, festivo local en Petín) será o día de Santa Ana, con procesión (tamén ás 12:45 horas) seguida da misa e sesión vermú na praza Doutor Quiroga amenizada pola charanga CLK que tamén farán pasarrúas e alborada pola mañá. Neste último día das festas en Petín o baile de tarde e verbena correrá por conta da orquestra pontevedresa Miramar.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button