DeportesÚltima hora

A “Spain Backyard Ultra” 2019, carreira na que só pode quedar un, celébrase este sábado en Castro Caldelas

Esta proba de ultra resistencia, inédita en España e que pode durar días, comezará ás 10h.

 

Este sábado 26 de outubro celebrarase en Castro Caldelas a Spain Backyard Ultra 2019, unha proba atlética que reunirá neste municipio ourensán a participantes de toda a xeografía española e de países como Portugal ou Suíza. “Esta é a única proba celebrada en España dentro do campionato mundial de carreiras de ultra resistencia denominadas Backyard Ultra“, destacan dende o Concello, asegurando que se trata dunha carreira “nacida da mente retorcida de Lazarus Lake, creador tamén da carreira más dura do mundo, a Barkley´s Marathon famosa pola súa dureza e na que na maioría de anos non consegue terminar ningún corredor”.

 

Vista aérea do percorrido.

 

A proba desenvolverase sobre un circuíto de 6,7 km cunha nova saída cada hora en punto. “O corredor que non complete a volta nesa hora quedará eliminado e así unha hora tras outra ata que quede só un corredor que consiga completar a última volta nunha hora”. A primeira saída darase ás 10 da mañá, pero “non podemos predecir  cando terminará, xa que pode durar días, estando o récord en 68 horas”, adiantan dende Castro Caldelas, que está xa preparada para recibir aos 150 inscritos e aos seus acompañantes.

Artigos relacionados

Back to top button