OurenseÚltima hora

A Subdelegación do Goberno en Ourense reparte 96.000 máscaras para os concellos e entidades sociais

O reparto aos municipios de menos de 20.000 habitantes farase a través da Deputación

 

Coincidindo co inicio do curso escolar, a Subdelegación do Goberno en Ourense distribuíu no día de hoxe un total de  96.000 máscaras destinadas aos concellos e ás entidades sociais da provincia, na que supón a cuarta entrega deste material promovida polo Goberno central. O obxectivo: “o apoio ás entidades locais e ás familias máis necesitadas”.

O subdelegado do Goberno, Emilio González, mantivo un encontro con representantes de Cáritas, Cruz Vermella e Comité de Entidades de Representantes de Persoas con Discapacidade de Ourense (CERMI), que recibiron un total de 18.000 máscaras para o seu posterior reparto entre os seus usuarios e asociacións colaboradoras.

 

O delegado do Goberno en Ourense co vicepresidente da Deputación.

 

Así mesmo, Emilio González supervisou o dispositivo e fixo entrega ao tenente alcalde, Armando Ojea, das 26.500 unidades correspondentes ao Concello de Ourense, posto que a entrega aos concellos de máis de 20.000 habitantes se realiza directamente a través das correspondentes subdelegacións do Goberno.

Igualmente, o subdelegado do Goberno fixo entrega ao vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, Rosendo Fernández, das 51.500 máscaras enviadas polo Goberno central para distribuír entre os concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia. Este reparto será realizado polo ente provincial segundo o acordo acadado entre o Executivo central e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

Artigos relacionados

Back to top button