OurenseÚltima hora

A Subdelegación do Goberno entrega mascarillas á Deputación para a súa distribución nos concellos

Esta entrega forma parte da segunda fase do operativo disposto polo Goberno para repartir un total de 98.000 mascarillas na provincia de Ourense

Entrega das mascarillas aos representantes do Concello de Ourense no exterior da Subdelegación do Goberno./ Foto cedida.

 

Na mañá deste xoves 7 de maio a Subdelegación do Goberno en Ourense procedía a entregar un total de 45.700 mascarillas á Deputación Provincial de Ourense, para a súa distribución entre os concellos de menos de 20.000 habitantes, e ao Concello de Ourense. Esta entrega forma parte da segunda fase do operativo disposto polo Goberno para repartir un total de 98.000 máscaras na provincia, destinadas a usuarios e usuarias do transporte público, concellos e colectivos sociais.

O subdelegado do Goberno, Emilio González Afonso, supervisou o dispositivo e fixo entrega á concelleira de Seguridade Cidadá e Comercio, María del Mar Fernández Dibuja, e ao concelleiro de Servizos xerais, Transparencia e Sistemas de Información, Manuel Álvarez Fernández, do material correspondente ao Concello de Ourense, posto que a entrega aos concellos de máis de 20.000 habitantes se realiza directamente a través das correspondentes subdelegacións do Goberno.

Así mesmo, Emilio González entregaba ao vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, os respectivos lotes de máscaras enviadas polo Goberno central para os concellos de menos de 20.000 habitantes. Este reparto será realizado polo ente provincial segundo o acordo acadado entre o Executivo central e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

O subdelegado do Goberno destacou a importancia deste reparto de material para os concellos que están levando a cabo “unha labor imprescindible durante a crise derivada do COVID-19” e agradeceu aos alcaldes e alcaldesas o esforzo realizado a través dos diferentes servizos municipais.

Ademais Emilio González quixo poñer en valor “a colaboración e a coordinación entre as administracións para facer fronte á pandemia provocada polo COVID-19”, así como “a necesidade de seguir traballando conxuntamente, institucións e cidadanía, agora que iniciamos o camiño cara unha nova normalidade”. E lembrou que as mascarillas entregadas forman parte do último envío de 98.000 unidades realizado polo Goberno de España á provincia de Ourense con motivo do comezo da Fase 0 do Plan de Transición á Nova Normalidade. Este envío súmase ás 68.000 unidades que se entregaron durante o retorno á actividade laboral trala Semana Santa.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close