DeportesÚltima hora

A suíza Marlen Reusser imponse na Rúa na primeira etapa da “Ceratizit Challenge by La Vuelta 2021”

A Volta a España Feminina reúne, dende hoxe ata o domingo, ás mellores ciclistas do mundo

 

Pouco antes das dúas da tarde deste xoves 2 de setembro, a ciclista suíza Marlen Reusser (Ale ́ BTC Ljubljana) proclamábase vencedora da primeira etapa da Ceratizit Challenge by La Vuelta 2021 ao impoñerse en solitario na meta da Rúa, culminando unha longa fuga.

A carreira, que contaba con 117,8 quilómetros de percorrido, comezaba na Estación de Montaña Manzanada marcada polo forte ritmo das participantes desde o comezo. Tras varios quilómetros co pelotón agrupado, un grupo formado por Pauliena Rooijakkers (Liv Racing), Marlen Reusser (Ale’ BTC Ljubljana), Elise Chabbey (Canyon/ Sram Racing), Lucy Kennedy (Estafe BikeExchange) e Eric Magnaldi (Ceratizit WNT), ao que posteriromente se unía Coryn Rivera (Team DSM), conformaban a fuga da xornada polas terras de Trives e Valdeorras.

 

A suíza Marlen Reusser, capioa da primeira etapa da Volta, co presidente da Deputación e o alcalde da Rúa.

 

O Alto da Portela (1ª categoría), principal dificultade montañosa do día con 15.2 quilómetros ao 5,3%, foi o escenario dun bonito pulso entre o pelotón e as fuxidas. Kennedy e Magnaldi descolgáronse co paso dos quilómetros e foron absorbidas polo grupo principal, comandado principalmente por Movistar Team e SD Worx.

Na segunda parte da etapa, cun terreo máis favorable en canto ao desnivel, as catro restantes da fuga colaboraron para manter unha de diferenza de dous minutos respecto ao pelotón. Nos quilómetros finais, camiño da Rúa, Marlen Reusser demarró para coller uns segundos de vantaxe que foron finalmente definitivos para adxudicarse a vitoria, asegurando que atacou para non medirse no sprint final á ciclista estadounidense do DSM e segunda en meta, Coryn Rivera.

 

A líder da Volta, Marlen Reusser, trala chegada á meta na Rúa.

 

O grupo principal entraba a 1’ 48” da gañadora. Sobre as súas opcións para gañar a clasificación xeral, a ciclista suíza recoñece que non é a corredora máis rápida para a cronoescalada de mañá na Estación de Montala Manzaneda (segunda etapa da Volta) pero se mostoruse contenta con este resultado.

Na Rúa, Marlen recollía tres trofeos: o de gañadora da etapa, o de primeira líder da Volta a España feminina; e o da clasificación por puntos. E xunto a ela estaban o alcalde da Rúa, Álvaro Fernández (quen acompañou ás ciclistas nun coche de apoio dirante os últimos quilómetros), e o presidente da Deputación Manuel Baltar, quen asegurou que a Deputación de Ourense aposta por este territorio como ecosistema de turismo deportivo. “E un territorio apto para que grandes eventos no ámbito do deporte se desenvolvan aquí”, dixo. Seguindo o evento deportivo tamén estaba o Pablo Rodríguez Guede, ciclista profesional de Maceda.

Na xornada de mañá disputarase a primeira cronoescalada na historia da carreira: 7,3 quilómetros con principio e final na estación de Manzaneda; a terceira etapa, de 108 quilómetros, finalizará en Pereiro de Aguiar e contará con dous portos, de 3ª e 2ª categoría, mentres que o 5 de setembro as corredoras sairán das Pontes (A Coruña) e logo de percorrer 107 quilómetros rematarán a competición en Santiago de Compostela, onde tamén finalizará a 76ª edición da Vuelta a España.

Fotos: Carlos G. Hervella.
Vídeo cedido

Máis información e fotos nos seguintes enlaces: https://osil.info/gran-expectacion-e-ambiente-na-rua-meta-da-primeira-etapa-da-volta-a-espana-feminina/

https://osil.info/a-volta-ciclista-feminina-ao-seu-paso-por-valdeorras/

 

Artigos relacionados

Back to top button