ConcellosÚltima horaVerín

A superficie afectada polo incendio de Queirugás (Verín) chega ás 160 hectáreas

O lume continúa activo arestora, segundo informa a Consellería do Medio Rural

Imaxe do incendio./ Foto Brif Tabuyo.

 

Continúa activo desde as 15:41 h. da tarde de onte, 22 de xullo, o incendio forestal declarado na parroquia de Queirugás, no concello ourensán de Verín, parroquia.

Segundo as últimas estimacións feitas públicas pola Consellería do Medio Rural, a superficie afectada sitúase arredor das 160 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse ata o de agora 1 técnico, 6 axentes, 16 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 10 helicópteros e 9 avións.

Estabilizado outro lume iniciado onte en Castrelo de Cima (Riós)

Por outra banda, Medio Rural informa de que está estabilizado dende as 7:16 h. desta mañá un lume no concello ourensán de Riós, parroquia de Castrelo de Cima, que se iniciou ás 22:07 h. da pasada noite.

Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie provisional superior ás 20 hectáreas. No seu control levan traballado ata o momento 5 axentes, 10 brigadas, 6 motobombas e 1 pa.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close