OurenseÚltima hora

A Tecnópole e Atresmedia lanzan unha plataforma educativa online de ciencia e tecnoloxía

Os dous primeiros cursos desenvolveranse entre o 2 de outubro e o 17 de decembro para rapaces de 8 a 16 anos de toda España

 

O Parque Tecnolóxico de Galicia – Tecnópole e Atresmedia lanzan unha plataforma formativa de ciencia e tecnoloxía, en colaboración coa empresa Ceo Aberto, especializada na educación e divulgación científica. Trátase dunha plataforma de aprendizaxe online, denominada “STEAMbites”, que se vai desenvolver desde o Parque para todo o ámbito nacional.

Esta iniciativa vai dirixida a rapaces de 8 a 16 anos interesados en afondar nos seus coñecementos no eido da ciencia e a tecnoloxía emprega un modelo educativo no que se traballa por proxectos, con materias que comparten coñecementos.

 

 

Así, os alumnos terán á súa disposición un kit con materiais específicos para que eles mesmos poidan experimentar, manipular e realizar nas súas casas as diferentes propostas e retos didácticos que os mestres lles irán propoñendo. O kit inclúe un microordenador con diversos complementos, paper crafts para a creación de proxectos de ciencia e materiais de laboratorio para o desenvolvemento de proxectos científicos.

O lanzamento desta plataforma arranca con dous cursos, que comezan o 2 de outubro e rematan o 17 de decembro. Por un lado, STEAM 101, de iniciación ao STEAM, diríxese a mozos de 12 a 16 anos. Pola súa parte, STEAM KIDS está enfocado para nenos de 8 a 12 anos. Cada semana os estudantes terán acceso a tres horas de novos contidos, que combinarán con retransmisións por streaming e clases gravadas con materiais descargables. Unha vez completado o curso, cada alumno recibirá un diploma certificativo emitido por Atresmedia Formación e o Parque Tecnolóxico de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button