OurenseÚltima hora

A televisiva Lucía Pérez fará o saque de honra no partido benéfico “Mételle un gol ao cancro de mama”

O encontro será o sábado 19 de outubro ás 12:30h. no campo de fútbol de Salesianos entre os equipos EFF Rosalía e Mulleres de Ourense

Cartel do partido benéfico.

 

As Xuventudes Socialistas xunto coa Escola Feminina de Fútbol Rosalía –única escola de fútbol feminino de Ourense- e en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro organizan un partido benéfico de fútbol baixo o lema “Mételle un gol ao cancro de mama”, para recoller fondos en beneficio da loita e investigación contra esta enfermidade. Un partido cuxo saque de honra será realizado pola cantante e presentadora galega Lucía Pérez.

O partido xogarase o vindeiro sábado 19 de outubro, Día Mundial da Loita Contra o Cancro de Mama, ás 12:30 horas no campo de fútbol do colexio Salesianos, en Ourense. Os equipos estarán formados polas rapazas do EFF Rosalía (e os filiais da súa escola) e o equipo Mulleres de Ourense, formado por mulleres de diferentes ámbitos da sociedade ourensá (política, prensa, educación, asociacionismo e deporte) que contará con Fernando Currás -míster da UD Ourense- e Fran Justo -míster do Ourense CF- como adestradores. Tamén contará coa colaboración da Federación de Árbitros

As entradas, cun importe de 5€, irán destinadas á investigación e poden obterse nos seguintes puntos de venda: Sede da AECC Ourense (c/ Curros Enríquez, 26 1º izq), Sede do PSdeG-PSOE de Ourense (c/ Ribeira de Canedo, 24-26), Oficina municipal do PSOE (C/Barreira, s/n), na Asociación Xuvenil Amencer (Pza/ Don Bosco, 1) e no campo do club deportivo Velle. Durante o descanso e co número asignado na entrada realizarase un sorteo de camisetas doadas pola empresa Be Happiness, entidade colaboradora co partido.

Artigos relacionados

Back to top button