ConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

A tormenta provoca a caída de árbores nas estradas de Río e sobre dúas casas en Navea (Trives)

 

A tormenta que caía esta tarde de luns 4 de maio no municipio de San Xoán de Río deixaba ao seu paso multitude de danos materiais. Así, na vila de Río o vento tiraba varias árbores que, ao caer, cortaban varias estradas. Para proceder á súa retirada contábase coa intervención do GES de Castro Caldelas e de Protección Civil de Río, segundo explica o alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez.

Ademais, en Navea, no veciño concello da Pobra de Trives, unha árbore caía enriba dun coche e sobre dúas casas, causando tamén diversos danos. Interviña Protección Civil de Trives e tamén o GES de Castro Caldelas.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button