ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A tormenta tamén anegaba pasos peonís subterráneos no Barco

 

Entre a multitude de incidencias que se producían na tarde do 8 de xullo no Barco, debido á forte treboada que descargaba na vila, tamén se incluía a inundación de pasos peonís subterráneos. Entre eles estaban o que conecta a rúa San Roque (en cuxa limpeza e acondicionamento traballaba nesta mañá o GES Valdeorras) coa zona da Carrúa e o que une a rúa Santa Rita coa avenida Melo Pisón.

 

Paso subterráneo que conecta coa Avenida Santiago Melo Pisón.

Artigos relacionados

Back to top button