ConcellosÚltima hora

A Torre da Homenaxe de Monforte tínguese de verde para recoñecer o labor dos traballadores esenciais

 

Na noite deste venres 3 de abril a Torre da Homenaxe de Monforte de Lemos, un dos edificios máis emblemáticos e visibles desta cidade, iluminábase de “verde esperanza” como mostra dun recoñecemento moi especial.

“O obxectivo é recoñecer e agradecer a encomiable labor e o enorme esforzo que día a día están a facer os traballadores e traballadoras dos servizos esenciais, establecidos polo estado de alarma motivado pola pandemia do COVID-19”, tal e como indica o Concello de Monforte de Lemos.

Deste xeito, dende o goberno municipal pretende render homenaxe a todas aquelas persoas que, dende os seus postos de traballo, están a loitar incansablemente para paliar os efectos do coronavirus.

Con este xesto, o alcalde, José Tomé Roca, quere facer partícipes a todos os veciños e veciñas de Monforte “do noso agradecemento a toda esta xente que segue a traballar na loita común contra o COVID-19:  o persoal sanitario, os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, o sector primario, as diferentes Administracións, e tamén todas aquelas persoas que de maneira altruísta están tamén a colaborar nesta fronte común que é a loita mundial contra o coronavirus”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button