ConcellosÚltima horaViana do Bolo

A torre da homenaxe de Viana ilumínase para celebrar o 8M

 

Con motivo da conmemoración o 8 de marzo do Día Internacional da Muller, a torre da homenaxe de Viana do Bolo, todo un símbolo da vila, vén de iluminarse nesta noite con elementos alusivos a esa celebración.

 

 

Obradoiros, unha ruta, cinema ou campañas como “Eu hoxe colgo o mandil” forman parte do programa que Viana do Bolo ten deseñado para conmemorar o 8M. Deste xeito, o Concello de Viana “renova o seu compromiso e esforzo á hora de apoiar medidas que promovan, por un lado, a igualdade real entre homes e mulleres e, polo outro, a eliminación da violencia machista en todas as súas formas e manifestacións”.

O programa pode consultarse en
https://osil.info/viana-celebrara-o-8-de-marzo-con-cine-un-mural-colaborativo-ou-obradoiros-entre-outros-actos/

Artigos relacionados

Back to top button