OurenseÚltima hora

A Torre do Castro de Sandiás será restaurada

A Xunta de Galicia adxudicca un importe de máis de 75.000 euros para acondicionar os restos do castelo

A Torre do Castro. / Foto: cedida.

 

A Torre do Castro, no concello ourensán de Sandiás, será restarurada próximamente grazas a un importe adxudicado pola Xunta de Galicia de máis de 75.000€. Os traballos estarán cofinanciados nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, dentro do programa Feder Galicia 2014-2020. As obras buscan poñer en valor o pintoresco monumento, declarado Ben de Interese Cultural (BIC), para que poida ser empregado como recurso no desenvolvemento sociocultural e económico da zona.

As actuacións contan cun prazo de execución de tres meses e teñen como finalidade mellorar o estado de conservación e eliminar as posibles deficiencias. Neste sentido, limparase o interior da torre e o terreo colindante, eliminarase a vexetación dos muros e da cuberta e actuarase na cimentación histórica. A restauración finalizará coa mellora da luz existente e a recuperación da escaleira interior, que da acceso á cuberta.

 

Torre de Sandiás. / Foto: cedida.

 

A Torre do Castro é actualmente o único vestixio do antigo Castelo de Sandiás, levantado sobre un castro. Trátase dunha edificación fortificada que servía de torre de homenaxe e formaba parte da rede defensiva da Limia xunto coa Torre da Pena, en Xinzo de Limia, a Torre de Ceme, en Rairoz de Veiga, e a Torre da Fírbeda ou da Forxa, que tamén será restaurada.

Artigos relacionados

Back to top button