ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

A tradición berciana feita voz e percusión, no Barco

Denise Silva e Bea Boto (percusión e voz) actuaban na tarde do 30 de xuño dentro do ciclo "De Perto"

 

A tradición musical das veciñas terras do Bierzo envolvía na tarde do 30 de xuño o Xardín da Casa Grande de Viloira (O Barco). Sobre o escenario do “De Perto” actuaban Denise Silva e Bea Boto. Con súas voces e diversos instrumentos de percusión tradicional (pandeireta, pandeiro, pandeira…) facían un intenso, variado e documentado percorrido polo música berciana, pero tamén por outros folclores como o ancarés e o cabreirés.

Percusión e voz moi ben engarzada e interpretada nun concerto moi ameno que reflexa un amplo traballo de recompilación e posta en valor deste patrimonio inmaterial e que deixaba encantado ao público do “De Perto”.

A seguinte cita deste ciclo terá lugar o venres 2 de xullo ás 20:30h. e virá da man do narrador oral nipón Yoshi Hioki, quen compartirá cos asistentes os seus “Contos do Xapón”.

Fotos e vídeo cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button