CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

A tradición dos nacementos, na Rúa

O belén elaborado por Enrique Rodríguez Sotelo pode verse na rúa Silveira Nº 15

Son o froito de moitas horas de esforzo cuxo resultado é despois admirado por numerosas persoas ao longo do Nadal. Durante estes días poden xa visitarse diferentes nacementos na comarca de Valdeorras. En igrexas, en colexios, nas vivendas e tamén en comercios. Enrique Rodríguez Sotelo “Fiscol”, veciño de Fontei (A Rúa) sempre elabora o seu con moito esmero e o resultado é un femoso belén bíblico que quixo compartir cos veciños.

“Sempre o facía na miña casa pero cando quedou vacío o local que tiña na rúa Silveira, decidín poñelo alí para que o poda ver todo o mundo que queira”, asegura o propio Enrique. Alí, na rúa Silveira Nº 15, entre a praza Galicicia e a rúa Doutor Vila, permanece dende o comezo de Nadal este bonito belén, “cunha mensaxe escrita en galego rues”, puntualiza o seu autor.

 

Vista panorámica do belén, na rúa Silveira.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button