CulturaCulturaÚltima hora

A tradición oral galego-portuguesa loitará de novo por ser patrimonio mundial

Dez anos despois de terse presentado por primeira vez ante a Unesco, os seus promotores anuncian que volverán a intentalo
Acto de presentación da nova campaña da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués á UNESCO de "Ponte nas ondas".
Acto de presentación da nova campaña da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués á UNESCO de “Ponte nas ondas”.

Xustamente unha década despois do comezo das accións para dar a coñecer á candidatura da tradición oral galego-portuguesa á Patrimonio da Humanidade, os seus impulsores apostan por intentalo de novo. Así se daba a coñecer na mañá do 17 de outubro nun acto de gran carga simbólica no salón de actos do Consello da Cultura Galega, en Santiago. Nel participaban os promotores daquela candidatura inicial da tradición oral galegoportuguesa a Patrimonio da Humanidade que anunciaban o relanzamento da campaña para que a UNESCO recoñeza a cultura e lingua común galegoportuguesas dentro da súa lista mundial.

Neste encontro estaban presentes, entre outros, o presidente do Consello da Cultural Galega, Ramón Villares; José Manuel González Reboredo, do Museo do Pobo Galego; Valentín García e Jesús Gamallo, secretarios xerais de Política Lingüística e Relacións Exteriores da Xunta, respectivamente; José Maria Costa, alcalde de Viana do Castelo e presidente da Rede Internacional de Entidades Transfronteirizas; e Santi Veloso e Olinda de Sousa, representantes dos centros educativos de Galicia e Portugal que participan na iniciativa “Ponte nas Ondas”, promotora de la candidatura presentada xa no 2004.

No decurso deste acto tamén se incidía na relevancia do apoio das administracións dos dous Estados implicados e fixáronse como prazo da campaña ata novembro de 2014. E ademais amosábase a confianza en que nesta segunda ocasión saia adiante a propuesta.

Artigos relacionados

Back to top button