A RúaConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

A tradicional procesión centra o último día das festas de San Antón en Fontei (A Rúa)

Publicidade

 

Tal como estaba previsto, en torno ás dez da mañá deste luns 13 de xuño, as bombas anunciaban o comezo do último día das festas na honra ao San Antón en Fontei (A Rúa). Unha xornada festiva local, cuxa programación relixiosa centrábase na multitudinaria procesión coa imaxe do Santo e as famosas “roscas casamenteiras” portadas polas mulleres, que máis tarde eran vendecidas e vendidas na praza. As roscas e doces varios coma os amendoados, bendícense durante a misa e o remate repártense. Di a tradición que quen come a rosca casamenteira casa na seguinte festa. Non se sabe se é certo ou non, pero por se acaso, estes doces non faltan en Fontei o día de San Antón de Padua.

 

As tradicionais roscas casamenteiras que se venden na praza tras ser bendecidas.

 

Procesión de San Antón.

 

A comitiva, co párroco Lisardo Paradelo á cabeza e o acompañamento musical da charanga Nova Terras de Trives, saía ás 12:30h. da igrexa de Nosa Señora de Fátima, seguida por numerosos fieis e percorrendo algunas das rúas de Fontei, chegando ata a Progreso pola Telesforo Ojea e regresando de novo á igrexa onde tiña lugar a eucaristía, pola rúa Padre Feijóo.

 

O presidente da comisión de festas, diante da igrexa de Fontei.

 

 

O apartado musical da mañá correu por conta da charanga trivesa que antes da procsión facía un pasarrúas polo pobo e máis tarde, amenizaba a sesión vermú.

A festa continúa pola tarde, a partir das 21:30 horas, coa actuación da orquestra Saudade.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button