ConcellosÚltima hora

A travesía do Barco por onde pasará o desfile do Martes de Entroido estará cortada dende as cinco da tarde

A previsión da Policía Local é cortar ao tráfico dende a rúa Conde Fenosa, á altura do Centro de Saúde, ata a avenida do Bierzo

 

Mañá, martes 25 de febreiro, será o día grande do Entroido no concello do Barco de Valdeorras e segundo as previsións, a participación de comparsas e folións no desfile será moi alta. Por iso dende a Policía Local informan da decisión de cortar ao tráfico a travesía pola que discorrerá (rúa Conde Fenosa) dende o Centro de Saúde ata o cruce da avenida do Bierzo a partir das 17 horas, aproximadamente. Ademais tamén librarán aparcadoiro dende a rúa Castelao ata o mesmo cruce.

O desfile comezá ás 17:30h. dende a zona diante do hospital, percorrendo boa parte da vila ata a praza Maior onde continuará a festa con baile.

 

Artigos relacionados

Back to top button