ConcellosGalerías de fotos

A treboada deixaba as rúas de Cimadevila (Río) cheas de barro e pedras

A treboada que caía na tarde do 4 de xullo no municipio de San Xoán de Río deixaba as rúas de Cimadevila (na parroquia de Castrelo) cheas de lama e pedras. Estes desprendementos de terra eran propiciados por cuestións como os incendios producidos meses atrás, a falta de cunetas nos camiños ou tubos atascados, segundo se indica dende o Concello.

 

“A auga arrastrou toda a terra e pedras do monte ata Cimadevila. Isto non é a primeira vez que acontece, hai nove meses tivemos unha situación aínda peor”, comenta o alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez Blecua.

Tanto veciños como operarios municipais afanábanse xa dende primeiras horas da mañá en limpar e poñer en condicións novamente as rúas.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button