ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A treboada do Barco cortaba o acceso á vila dende Veigamuíños

Ademais deixaba numerosas incidencias en diferentes puntos da vila, entre eles a zona da Carrúa

A intensa treboada que descargaba na noite do 3 de xullo do Barco deixaba numerosas incidencias en diversos puntos da vila, tanto pola intensa auga caída en apenas vinte minutos, como pola descarga eléctrica. Así zonas como o paso a nivel subterráneo que conecta a zona de San Roque coa rúa Juan Giral inundábase.

Ademais quedaba cortado o acceso ao Barco pola zona de Veigamuíños debido a que as bombas que achican a auga que se acumula neste paso subterráneo parábanse ao saltar automático pola tormenta, co que se acumulaba a auga da chuvia, impedindo o tránsito.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button