CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

A trivesa Alexandra Sierra, excelencia académica 2021, consegue unha beca para estudar nos EE.UU.

Outro alumno do IES Xermán Ancochea de Trives, Mario Crespo, tamén lograba unha excelencia académica

Alexandra Sierra Rioz estudou no IES Xermán Ancochea Quevedo./ Foto cedida.

 

Dos 10 alumnos do IES Xermán Ancochea Quevedo de Trives que realizaban as probas da ABAU 2021 no instituto da Rúa, dous conseguían a excelencia académica: Mario Crespo Pérez e Alexandra Sierra Rioz.

Cun 9,342 na fase xeral e 13,192 nas notas de mellora, Alexandra Sierra conseguía ademais unha beca académica para estudar nos Estados Unidos os vindeiros catro anos. “Estaba desexando ter unha oportunidade así” asegura a xove trivesa, explicando que se trata dunha beca da Universidade de Misuri que lle cubre practicamente todos os gastos (comida, residencia e case todo o curso) para a cal, a maiores do expediente académico piden un nivel de inglés que esta excelente estudante, ten.

 

Alexandra./ Foto cedida.

 

Alexandra estudou o Bacharelato de Humanidades e aínda non ten claro que carreira estudar. “Decántome pola rama de Criminoloxía pero tamén me gusta a de Artes, co cal estou aínda indecisa”, asegura, pendente xa da partida cara EE.UU. “O 24 de agosto comezamos as clases así que supoño na semana do 20 collerei o voo e marcharei”, explica emocionada e con ganas de comezar esta nova experiencia.

 

Os 10 alumnos do IES Xermán Ancochea que se presentaron á ABAU entre eles, Alexandra e Mario Crespo. /Foto: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button