OurenseÚltima hora

A UD Ourense consegue o ascenso a terceira división

A cidade das Burgas celebra o resultado dunha impecable campaña do campión da preferente

Cun ascenso por ano, a Unión Deportiva Ourense vén de cumprir o obxectivo e soño, converténdose nun equipo de terceira división tralo último partido de liga contra a UD Atios no campo do Carballo (no Porriño, Pontevedra). Nun encontro con escasas ocasións de gol e moita competitividade por ambos equipos, os de Fernando Currás conseguían un dos dous resultados que lle daban o ascenso, un empate sen goles, ratificando ademais o liderato na preferente.

Despois dunha semana de promoción e chamadas a través de Internet, nas bancadas do Carballo había numerosos afeccionados ourensáns que celebraron con invasión de campo incluída outro ascenso do club de recdente creación, nado das cinzas do CD Ourense.

Dende as redes sociais equipos da provincia como o Arenteiro ou o CD Barco felicitaron aos ourensáns co que xogarán na vindeira tempada. O equipo e o corpo técnico pola súa banda, celebraron esta mesma noite o ascenso cos afeccionados cunha gran festa. O punto de encontro, a praza Concepción Arenal.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button