DeportesFútbolUD OurenseÚltima hora

A UD Ourense renova ao seu capitán, Hugo García, a Viti e a Vieytes

O club da capital da provincia incorporou ás súas filas a Raúl Melo

A UD Ourense vén de confirmar as renovacións do seu capitán, Hugo García, de Viti e de Vieytes. Ademais, incorporou ás súas filas a Raúl Melo, procedente do Velle.

O capitán, Hugo García, explica que decidiu renovar “porque esta será a miña quinta tempada no club e sigo coa ilusión intacta e máis motivado aínda se cabe. Para min esta é a miña casa, onde me sinto querido, valorado e identificado ao 100%. Entón, cando te sintes así, creo que non hai lugar para as dúbidas”.

 

O capitán, Hugo García.

 

Pola súa banda, Viti xogará a terceira tempada no club. “Confórmome con que se poida xogar sen ningún tipo de problema, que nos acompañe a sorte no apartado das lesións e que poidamos desfrutar”, recoñece. Mentres que Vieytes afirma que “con unión e esforzo, e sen perder a nosa identidade, seguiremos medrando”.

 

Raúl Melo coa camiseta da UD Ourense.

 

Así, o recén fichado Raúl Melo explica que “decidín fichar pola UD Ourense porque me parece un equipo moi interesante e, a día de hoxe un dos máis importantes da provincia”.

Fotos: UD Ourense

Artigos relacionados

Back to top button