OurenseÚltima hora

A UME realiza labores de desinfección no Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar

 

A Unidade Militar de Emerxencias (UME) realizaba labores de desinfección nas instalacións do Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar, un dos puntos considerados especialmente sensibles.

Esta actuación súmase aos traballos realizados polos efectivos da UME desprazados polo Ministerio de Defensa á provincia de Ourense, dentro da Operación Balmis da loita contra o coronavirus, durante a xornada de onte en centros residenciais de persoas maiores nos concellos de Ourense, O Barco de Valdeorras, Castro Caldelas, Maside, O Carballiño e Ribadavia.

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, agradeceu a colaboración que están a prestar as Forzas Armadas, tanto a UME como a Brilat, para a protección da sociedade ourensá fronte á pandemia do COVID-19.

Artigos relacionados

Back to top button
Close