ConcellosEn portadaÚltima hora

A UME regresa ao Barco para desinfectar a residencia de maiores da vila

 

Efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME) de León desprazábanse na mañá deste domingo 12 de abril ata a residencia da terceira idade do Barco para realizar labores de limpeza e desinfección xeral das instalacións deste centro.

Esta é xa a segunda ocasión na que a UME procede a realizar tarefas de limpeza nesta residencia, logo da desinfección realizada na tarde de 25 de marzo.

Como na anterior ocasión, esta actuación prodúcese despois de que o alcalde do Barco, Alfredo García, contactase coa Subdelegación do Goberno para solicitar que unha unidade UME se trasladase á vila para facer este traballo.

 

Artigos relacionados

Back to top button