CulturaEducaciónÚltima hora

A UNED agradece o traballo no Centro Asociado e a súa Aula na Rúa

A Xunta Reitora tamén aprobou o presuposto para 2021, cun importe de 900.000€

Foto: cedida.

 

As institucións que conforman a Xunta Reitora do Consorcio do Centro Asociado á UNED en Ourense e a súa Aula Universitaria de A Rúa quixeron agradecer ao persoal educativo, administrativo e a os estudantes do centro o seu traballo nuns meses de incertidumbre debido á pandemia do coronavirus.

Nunha xuntanza celebrada na tarde do pasado luns, 27 de xullo, o vicerreitor de Centros Asociados, Jesús de Andrés Sanz, interviu vía telemática para mostrar o seu agradecemento “ao PAS, a profesores, tutores e ao equipo directivo. Hai que felicitar á UNED Ourense pola súa magnífica labor de comunicación na persoa do seu director, Jesús Manuel García Díaz”. A este recoñecemento sumáronse as demáis institucións representadas na Xunta Reitora que recoñeceron o traballo do actual equipo directivo, formado por García Díaz e a secretaria, María Concepción Álvarez Gómez.

Todo o aparato de organización posibilitou que, na UNED Ourense, non quedase ningún estudante sen posibilidade de presentarse ás probas de xuño. Os alumnos realizaron os exames a través da platafoma Avex, dende o propio centro, ao demostrar que non contaban cos medios tecnolóxicos necesarios nos seus domicilios.

Durante esta sesión, a Xunta Reitora aprobou tamén o presuposto para o ano 2021 por un importe de 900.000 euros. Tamén quedou aprobado o avance da planificación académica do curso 2020-2021 e deuse luz verde á Conta Xeral do Exercicio Económico de 2019.

Artigos relacionados

Back to top button