OurenseÚltima hora

A UNED de Ourense inaugura oficialmente o curso académico 2019/2020

O acto tiña lugar na tarde do 30 de outubro no Centro Cultural Marcos Valcárcel

Mesa presidencial do acto.

 

Na tarde do 30 de outubro e presidido pola vicerreitora de Investigación, Transferencia do Coñecemento e Divulgación Científica da UNED, a doutora Rosa María Martín Aranda, o Centro Asociado á UNED en Ourense, celebraba o seu solemne acto de inauguración do curso académico 2019/ 2020.

Tras a lectura da memoria do curso 2018/ 2019, chegou o momento da lección inaugural impartida polo profesor titor da UNED, Julio Prada Rodríguez, co título ¡Cómo hemos cambiado!… La caída del muro 30 años después.

Na mesa presidencial acompañando á vicerreitora estivo a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, quen subliñou que “a formación universitaria é unha ferramenta para acceder mellor ao emprego”, animando ao alumnado a “aproveitar a formación que as ensinanzas deste centro ofrece para acadar os seus obxectivo”. No acto tamén estivo o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, en representación do presidente da Xunta Rectora; ol alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, como vicepresidente de dita xunta; o director da UNED en Ourense, o valdeorrés Jesús Manuel García Díaz; e a secretaria, María Concepción Álvarez Gómez. En nome dos nuevos alumnos titulados da UNED interviu María Teresa Perolio Hurtado.

 

Asistentes ao acto inaugural celebrado no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

Artigos relacionados

Back to top button