OurenseÚltima hora

A UNED Ourense suspende as clases sénior ata novo aviso

A medida adóptase como prevención ante a situación creada pola presenza do coronavirus

Unha clase sénior. /Foto: UNED Ourense.

 

A dirección do Centro Asociado á UNED en Ourense decidiu suspender as clases para os alumnos sénior, que se celebran dúas veces por semana, luns e xoves, nas instalacións do Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense. “Esta medida adóptase como prevención ante a situación creada pola presenza do coronavirus na nosa sociedade”, aseguran dende a dirección do centro.

A decisión lévase a cabo en consonancia cos demais centros da UNED do Campus Noroeste (Galicia, Asturias, Castela e León e Extremadura). A clausura da actividade prolongarase ata novo aviso.

Artigos relacionados

Back to top button