ConcellosÚltima hora

A unidade itinerante de xestión do DNI volverá ao Barco o 14 de xuño

En apenas tres horas cubríase o cupo de 60 persoas que poderán ser atendidas nese día. Dende o Concello barquense insisten na necesidade de contar cunha oficina permanente na localidade
Exterior da Casa Consistorial do Barco./ Foto: A.R.

Os integrantes da unidade itinerante de xestión do DNI visitarán O Barco o vindeiro día 14 de xuño para a renovación e realización dos trámites relacionados co DNI, tal e como se informa dende o Concello barquense. Na mañá do 14 de maio ás 8:30h. abríase o cupo para dar cita para ese día ás personas interesadas.

“Ás 11:15 horas atendeuse xa ás 60 persoas que, como máximo, poden ser citadas cada vez que o equipo se traslada á localidade. Ao longo da mañá, cando menos 25 persoas máis acudiron ao Concello para pedir cita, sen que puideran ser atendidas”, aseguran dende a administración local barquense.

Dende o Concello de O Barco lévase anos solicitando a creación dunha oficina permanente para a xestión de documentación (DNI, pasaporte e estranxeiría), “sen que, por agora, se teña atendido esta petición. Volvemos a insistir, polo tanto, nesta necesidade, xa que é absolutamente inadmisible que se siga con este sistema, cando está máis que probada a necesidade dunha oficina permanente na localidade”.

Artigos relacionados

Back to top button